Dinamización social e cultural para todos os públicos en A Pobra do Brollón

O Concello vén de poñer en marcha a sexta edición do Programa Conciénciate, con actividades para todas as idades durante todo o curso

As actividades culturais tamén forman parte do Programa Conciénciate, favorecendo a convivencia e o coñecemento da nosa riqueza cultural e artística. Arquivo EC.
As actividades culturais tamén forman parte do Programa Conciénciate, favorecendo a convivencia e o coñecemento da nosa riqueza cultural e artística. Arquivo EC.

• Dende o 15 de setembro, está en marcha na Pobra do Brollón o Programa Conciénciate, unha iniciativa promovida polo Goberno local e que leva seis anos tratando de dinamizar a vida social e cultural dos veciños do municipio.

PROGRAMA PIONEIRO NA PROVINCIA DE LUGO

Este programa de benestar, pioneiro na provincia de Lugo, arrincou hai seis anos, levando a cada parroquia deste concello actividades pensadas para todas as idades, co obxectivo de devolverlle aos veciños do rural as oportunidades de ocio, dinamización e sociabilidade que están en risco polo despoboamento e a dispersión territorial. Dende o Goberno local de A Pobra do Brollón, entenderon que unha das funcións do Concello, como administración máis cercana aos cidadáns, ten a obriga de atender a toda a veciñanza, afrontando a nova realidade social producida polo avellentamento da poboación e os momentos difíciles que viven as áreas rurais.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CONVIVIR PARA VIVIR MELLOR

Precisamente, un dos obxectivos fundamentais do Programa Conciénciate é fomentar a convivencia entre os veciños e veciñas de A Pobra do Brollón, aos que se lles ofrece un amplo abano de actividades culturais, lúdicas e de benestar persoal. No conxunto do programa, foron máis de 200 persoas as que tomaron parte nalgunha das diversas propostas do Programa Conciénciate en 2014. Compartir experiencias, divertirse, aprender, mellorar o estado de saúde e, por riba de todo, levar unha vida activa e dinámica.

Aínda que o Programa Conciénciate adica un espazo de actuación para todos os grupos de idade, cabe destacar a variedade e amplitude das accións orientadas ao público maior. Neste sentido, a programación para os maiores insiste nalgúns dos principios que definen o Conciénciate, como a participación, a convivencia, a educación para a saúde, o desenvolvemento físico saudable e a creatividade. Obradoiros de memoria e de actividade cognitiva combínanse con sesións de ximnasia de mantemento, dinamizados con saídas ao Balneario de Augasantas, por exemplo.

A maior parte das actividades do Programa Conciénciate impártense nos locais sociais das parroquias, para favorecer a participación e dinamizar os núcleos poboacionais.•

AMPLO MENÚ DE ACTIVIDADES PARA NENOS, ADULTOS E MAIORES

PARA OS MÁIS CATIVOS: Actividades de animación nas datas máis sinaladas (Nadal, Reis, Entroido, Letras Galegas, Feira Guímara, Samaín ou Magosto, entre outras); inglés, informática e contacontos; ludoteca con excursións, festas infantís e xogos tradicionais; proxección de películas; campamento urbán con xogos acuáticos, modelaxe e xogos de mesa; e curso de natación durante o calendario lectivo na piscina municipal de Monforte.

PENSANDO NOS ADULTOS: Cursos de informática orientados ao uso de programas básicos; ciclos de cine, con proxección de películas con debate sobre as súas características; cursos de técnicas de búsqueda de emprego; cursos de inglés e alemán; actividades na natureza, como rutas de sendeirismo ou excursións; e actividades culturais, como concertos ou charlas monográficas.

MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DOS NOSOS MAIORES: Talleres de memoria, actividades cognitivas, balneoterapia, ximnasia de mantemento, musicoterapia, manualidades, pintura, excursións culturais, e charlas sobre alimentación saudable, entre outras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos remolques de emerxencias para O Incio e Ribas de Sil

Seguinte Nova

Outubro abre un novo ciclo de ocio activo e saudable no Centro de Maiores Afundación de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: