• A comezos deste mes, a Xunta de Galicia entregou 41 novos remolques a outros tantos concellos galegos, nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade. Na nosa provincia, foron seis os municipios beneficiados con este equipamento para atención de emerxencias, entre os que están O Incio e Ribas de Sil. Na provincia de Pontevedra, recibiron este material un total de seis concellos, mentres que na de Ourense foron once, e un total de vintecatro na provincia de A Coruña.
Durante o acto de entrega destes vehículos, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, suliñou a importancia de que os concellos galegos dispoñan de máis medios que aporten seguridade á cidadanía. Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, para concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios. Rueda adiantou que, en breve, o seu departamento incrementará os medios para a cobertura de emerxencias nos concellos. Así, está prevista a entrega de vehículos todo terreo tipo pick-up, vehículos furgóns para transporte e loxística, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo e remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado (en adiante PMA), cun orzamento total de máis de 4 millóns de euros.•