O Concello de Láncara reduce a 20 días o prazo medio de pago a provedores

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, xunto aos membros da Xunta de Goberno do concello. (Foto cedida).
O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, xunto aos membros da Xunta de Goberno do concello. (Foto cedida).

• Na última Xunta de Goberno do Concello de Láncara, acordouse reducir en 10 días os pagos aos provedores municipais. Según explicou o alcalde, o socialista Darío Piñeiro, co novo pago a 20 días «trátase de contribuír coa importante actividade que autónomos e pequenas empresas prestan ao Concello».

Tamén se aprobou elaborar un informe para subsanar os erros atopados na redación do PXOM, polo que se levarán a cabo encontros con veciños para recoller suxerencias. Asimesmo, o alcalde informou do compromiso adoptado para manter na Pobra de San Xiao o cuartel da Garda Civil, co mesmo número de axentes.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ANPA do colexio Infanta Elena pide a Severino Rodríguez que coordine as súas accións en demanda dun centro asistencial

Seguinte Nova

Julia Rodríguez abre á veciñanza a sede do PP monfortino para atender suxerencias

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss