O Parlamento galego aprobou unha iniciativa do PP para simplicar a tramitación das cortas de madeira

• O Parlamento galego vén de aprobar unha iniciativa presentada polo Partido Popular na que se instaba á Xunta a simplificar os procedementos administrativos para autorizar a corta de madeira no monte. En concreto, a petición inclúe a elaboración por parte do Executivo dun estudo e o desenvolvemento das medidas que nel se establezan para reducir e axilizar os trámites, así como afondar na coordinación entre os departamentos autonómicos e estatais con competencias nesta materia.

Según precisou o voceiro da área forestal do grupo parlamentario do Partido Popular, José Manuel Balseiro, a medida proposta busca favorecer a competitividade nos traballos forestais do monte galego, e o réxime legal dunha actividade que conta con preto de 117.000 permisos solicitados anualmente na nosa Comunidade.

Balseiro suliñou que esta iniciativa pretende «facerse eco dunha demanda recorrente dos propietarios forestais». O voceiro popular lembrou asimesmo a importancia social e económica desta actividade, que aporta ingresos a unha de cada dez familias galegas.

Por outra banda, Balseiro criticou aos partidos da oposición por non apoiar esta iniciativa e «ser cegos ás demandas dos propietarios e da industria forestal». O voceiro popular tamén defendeu a idoneidade de facer este estudo, pola entrada en vigor das órdenes e decretos que desenvolven a Lei de Montes.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobada unha modificación do PXOM de Sarria para regularizar a área industrial de Betote

Seguinte Nova

O PP monfortino propón fomentar o uso da bici como medio de transporte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: