O PP DE LÁNCARA RECLAMA ACTIVIDADES EDUCATIVAS PARA NENOS MENORES DE 3 ANOS

O grupo municipal do Partido Popular de Láncara presentou unha moción ao Pleno pedindo a posta en marcha dun programa lúdico-educativo destinado a nenos e nenas menores de tres anos. Según explicou o seu voceiro, Santiago Cubillas, hai varios locais que poden acoller estas actividades, como o espazo polifuncional da feira, na antiga Oficina de Correos nos baixos da Casa Consistorial, ou no propio colexio Ramón Piñeiro. Para xustificar esta necesidade, Cubillas tamén se referiu á alza da natalidade nos últimos anos, pasando de 10 nacementos no 2013, a 14 en 2014, e ata setembro deste ano naceron outros 7 meniños. Cubillas lembrou que iniciativas deste tipo, como a gardería ou o cheque-bebé, xa figuraban no seu programa electoral, «xa que son interesantes a nivel social, para fixar poboación e ademais son demandadas polos veciños». Por último, o voceiro popular en Láncara instou ao equipo de goberno a «tomar exemplo» dos concellos veciños de O Páramo e O Corgo. Neste último, o Concello cedeu un local no colexio para desenvolver este tipo de actividades.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

JULIA RODRÍGUEZ SOLICITA QUE O CONCELLO DE MONFORTE CONMEMORE O IV CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SEGUNDA PARTE DE «EL QUIJOTE»

Seguinte Nova

Esperta Monforte pide un local para a Asociación Ruliños

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: