O PP monfortino propón fomentar o uso da bici como medio de transporte

• O grupo municipal do Partido Popular de Monforte presentará no vindeiro Pleno unha moción para instar ao Goberno municipal a que elabore unha ordenanza reguladora do uso da bicicleta na cidade, e favoreza a súa potenciación como medio de transporte en condicións de seguridade para ciclistas, peóns e vehículos. A voceira do PP na Corporación monfortina, Julia Rodríguez, explicou que a orografía e climatoloxía da cidade do Cabe favorecen o uso da bicicleta durante boa parte do ano, como así o entenden moitos veciños que empregan este medio para desplazarse pola cidade.»É obriga da Corporación facerse eco desta realidade e das bondades que este medio de transporte representa nunha cidade como Monforte», precisou Julia Rodríguez. Ademais, Rodríguez lembrou as queixas dos veciños sobre o uso da bicicleta nas beirarrúas ou a gran velocidade en zonas peatonais.

Para regular o uso deste medio en condicións de seguridade para todos, e determinar tamén os trazados correspondentes, os populares van reclamar a creación dun foro de mobilidade. Este foro estaría formado polos portavoces dos grupos municipais, asociacións e colectivos veciñais, cidadáns e tamén ciclistas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Parlamento galego aprobou unha iniciativa do PP para simplicar a tramitación das cortas de madeira

Seguinte Nova

5.000 familias galegas optarán a axudas para reformar cociña e baño a partir de outubro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss