Outubro abre un novo ciclo de ocio activo e saudable no Centro de Maiores Afundación de Monforte

Inscricións nas actividades para este curso destinadas a persoas a partir dos 55 anos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A piques de entrar no outono, é tempo de facer plans para compoñer a axenda dos vindeiros meses. Dende o Centro de Maiores Afundación de Monforte teñen todo listo para iniciar, a comezos de outubro, un intenso programa de actividades pensado para as persoas maiores de 55 anos. Hábitos saudables, cultura, ocio activo, e formación nas novas tecnoloxías son algunhas das propostas deste Centro, que se desenvolven ao longo do curso nas céntricas instalacións do número 18 da rúa do Cardeal de Monforte. Ademais, os 11 Centros que Afundación ten en Galicia porán en marcha un novo programa, «O valor da experiencia», para promover a integración dos nosos maiores na sociedade.

SERVIZOS PARA OS SOCIOS

Os preto de 350 socios cos que conta o Centro de Maiores Afundación de Monforte teñen á súa disposición unha ampla oferta lúdica e cultural na que poden encontrar suxerencias de interese para levar unha vida máis dinámica, saudable e activa. O acceso ás actividades realízase a través da inscrición como socio do Centro, por un importe anual de 30 euros, que é de tan só 10 euros para os clientes de Abanca. Cada unha das actividades conta cun prezo adaptado ao número de horas que o usuario quere adicarlle á semana. Asimesmo, os socios do Centro teñen á súa disposición unha serie de servizos, que inclúen podoloxía, traballo social, aula de informática, sala de prensa e biblioteca. Esta gama de prestacións complétase cun servizo online de asesoramento psicolóxico e xurídico. Os interesados en disfrutar destes servizos e da programación do Centro de Maiores Afundación de Monforte poden chamar ao teléfono 982 40 28 53, onde lles facilitarán todos os detalles sobre estas prestacións.

BENESTAR FÍSICO E MENTAL

A programación que o Centro de Maiores Afundación de Monforte porá en marcha a partir de outubro dá espazo a todo tipo de actividades para promover unha vida activa e con hábitos saudables. Nesta liña están enfocadas as sesións de ioga, pilates e bioximnasia, completadas con bailes de salón e talleres de memoria.

A creatividade tamén ten o seu recuncho nas actividades deste Centro. Dende bolillo ata patchwork, e o taller de manualidades, ademais dun novo obradoiro de cestaría que se inicia este curso.

NOVAS TECNOLOXÍAS

A actualización dos coñecementos e, sobre todo, a inclusión no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación resultan imprescindibles para formar parte activa da nosa sociedade. Por iso, no programa do Centro de Maiores de Monforte ofrecen aos socios cursos de informática axeitados aos diferentes niveis de cada usuario, ademais de cursos de manexo de internet, móbiles e sistema Android.

Pero as actividades non se limitan ás aulas da sede do Cardeal. Os socios poden disfrutar dun ocio activo a través das viaxes que organiza cada curso o Centro de Monforte, con destinos nacionais temáticos, como a recente viaxe a La Rioja, e tamén con destinos internacionais, como Berlín ou Roma, en colaboración cos demais Centros da rede de Galicia.

APOSTA POLOS MAIORES

Este ano, Afundación aposta máis forte polos nosos maiores, a través dunha nova actividade. Baixo a denominación «O valor da experiencia», trátase de promover a participación dos maiores na sociedade. Isto levarase a cabo con programas interxeracionais, onde os maiores poderán intercambiar con nenos e xoves a súa experiencia, de xeito que esta retorne como un valor á sociedade, ao tempo que se xeran espazos de convivencia. Por outro lado, iniciarase un programa de voluntariado no que os maiores poderán seguir sentíndose activos, desenvolvendo os seus coñecementos en favor de terceiros.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

O programa de actividades comezará o 5 de outubro.Para ir abrindo boca, o xoves día 1 celebrarase o Día Internacional das Persoas Maiores. Reivindicando o lema «Inclusión das persoas maiores no entorno urbano», celebrarase un photocall na entrada do Centro de Maiores da rúa Cardeal, onde socios e cidadáns portarán carteis con mensaxes de integración. O horario do photocall será de once a unha e de cinco a oito.

Ademais, durante todo outubro o Centro de Maiores de Monforte acollerá un ciclo de cine para conmemorar esta efeméride.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dinamización social e cultural para todos os públicos en A Pobra do Brollón

Seguinte Nova

The Pretty Shirts levará a súa música o sábado 11 ao Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: