Preto de 60.000 euros en axudas para as 18 Festas de Interese Turístico da provincia de Lugo

A Festa da Castaña do Courel, que se celebra dende hai máis de 20 anos en Seoane e Folgoso, é unha das citas gastronómicas do outono galego. Arquivo EC.
A Festa da Castaña do Courel, que se celebra dende hai máis de 20 anos en Seoane e Folgoso, é unha das citas gastronómicas do outono galego. Arquivo EC.

• As 18 Festas de Interese Turístico de Galicia que se celebran na provincia de Lugo contarán con axudas para o seu desenvolvemento. A Xunta de Galicia concede un total de 60.000 euros para contribuír á promoción e difusión destes eventos.

Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estas achegas «repercuten no impulso da economía local e no recoñecemento destas festas dentro e fóra de Galicia».

Arias valorou tamén que, a través das Festas de Interese Turístico de Galicia, «a gastronomía, a cultura, a historia e a tradición de Lugo están a obter cada ano máis difusión».

As festas de interese turístico recoñecidas coas subvencións foron o XXXIV Festival Folclórico Internacional do Emigrante en Barreiros, as Feiras e Festas de San Lucas de Mondoñedo, a Mostra do Aceite de Quiroga, o Folión de Carros de Chantada, a Exaltación e Promoción do Ourizo de Cervo, a Festa da Castaña de Folgoso do Courel, a Feira de Santos de Monterroso, a Feira do Viño de Amandi en Sober, a Festa da Malla de Meira, a Festa da Faba de Lourenzá, a Festa de San Lourenzo en Foz, o Nadal do Belén electrónico de Begonte, a pasada edición do Arde Lucus de Lugo, a Festa do Naseiro en Viveiro, a Xira de Santa Cruz de Ribadeo, a XXXI Feira do Bonito en Burela, a Queima das Fachas 2015 en Taboada, e a Festa da Filloa de Cospeito.

Dezaseis destas festas acadaron o importe máximo da subvención, 3.500 euros, para os gastos de apoio, promoción e difusión de cada un dos eventos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezan as obras de mellora da LU-661 ao seu paso por Taboada

Seguinte Nova

Definindo entre todos a paisaxe de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss