•A visita a unha granxa ecolóxica completouse cun paseo pola riqueza arquitectónica e artística desta comarca
• O sábado 19 deste mes, os membros da asociación cultural Lugopatrimonio realizaron unha viaxe cultural á comarca da Ulloa. A xornada comezou cunha visita á Granxa Arqueixal, situada na parroquia de Albá, no municipio de Palas de Rei, onde os participantes puideron coñecer o funcionamento desta explotación adicada á produción ecolóxica de queixo, iogur e leite fresco.
Os excursionistas de Lugopatrimonio disfrutaron tamén co entorno rehabilitado para turismo rural, e coa creación dun museo vivo na Casa da Rebordela.
A viaxe completouse cunha visita á igrexa románica de Vilar de Donas e ao Castelo de Pambre, dous dos símbolos destacados da riqueza arquitectónica da comarca da Ulloa.•