O Centro Cívico de Monforte acolle un obradoiro para pais, nais, docentes e nenos sobre o uso de internet

O xoves 8 de outubro, o Centro Cívico de Monforte acollerá una sesión do proxecto Rapaciñ@s, para concienciar ás familias sobre o uso responsable de internet por parte dos menores. Os membros do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia serán os encargados de achegar todo o seu coñecemento sobre como empregar as ferramentas informáticas evitando os posibles riscos para os menores. As familias e os docentes atoparán alí recursos de interese sobre dúas cuestións fundamentais, por unha parte o uso das redes sociais por parte dos menores e, por outra, ata onde debe chegar o control dos pais nesta materia. O obradoiro tamén está destinado a menores entre 8 e 14 anos, xa que durante a sesión explicaráselles como poden adquirir hábitos seguros para navegar pola rede, e tamén recibirán consellos para desenvolver a súa creatividade dixital.

A sesión desenvolverase de 19,30 a 20,30 horas, con acceso libre según orden de chegada, ata completar aforo. Os interesados deberán ir provistos dunha Tablet ou Smartphone.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

The Pretty Shirts levará a súa música o sábado 11 ao Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Exposición de ilustracións sobre contos infantís e fábulas de Estefanía Padullés en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: