Ata o 15 de outubro pode verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte a exposición «Vénme con cuentos», da artista catalá afincada en Galicia Estefanía Padullés. “Aínda que estudiei bioloxía nunha deixei de debuxar, así que hai unos anos intentei ser ilustradora. Dende que vivo en Galicia estiven escribindo e ilustrado contos infantís”, destaca a artista.
Esta mostra de Estefanía Padullés inclúe unha serie de ilustracións realizadas en acrílico e en lapis. Son imaxes feitas con moito colorido coas que a ilustradora consegue dar vida a algunhas das personaxes máis coñecidas dos contos.
A artista catalá publicou xa dous álbumes para nenos e ten previsto editar outros dous nos vindeiros meses.