A ANPA do Infanta Elena demanda unha partida nos Orzamentos da Xunta para este centro

A ANPA do Centro de Educación Especial Infanta Elena reclama unha solución para os usuarios que rematan a súa permanencia no centro ao cumprir 21 anos.   Arquivo EC.
A ANPA do Centro de Educación Especial Infanta Elena reclama unha solución para os usuarios que rematan a súa permanencia no centro ao cumprir 21 anos. Arquivo EC.

•A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte segue a reclamar ás Administracións unha solución que garanta aos usuarios a continuación do seu periodo ocupacional en Monforte unha vez cumplidos os 21 anos. Con este obxectivo, mantiveron nos últimos días unha rolda de contactos, acompañados polo coordinador deste colectivo, Severino Rodríguez, ex alcalde de Monforte. O pasado 29 de setembro, membros da ANPA do Infanta Elena reuníronse no Parlamento galego cos representantes dos grupos parlamentarios para abordar esta situación, nun clima «de total colaboración», según precisou Severino Rodríguez. Os voceiros da ANPA agradeceron a boa disposición dos deputados, e trasladáronlles os detalles da súa proposta. Según explicou Rodríguez, coordinador deste colectivo, o plan presentado pola ANPA supón a optimización do espacio existente nas actuais instalacións do centro, habilitando a segunda planta do edificio, agora sen uso, co mobiliario necesario e servizo de comedor e cociña. Este arranxo suporía a creación inmediata de 10 novas prazas para usuarios, cun investimento máximo de 100.000 euros. Dende a ANPA plantean que esta inversión sexa abordada con execución inmediata e, de non ser posible neste exercicio, habilitar unha partida por este importe nos Orzamentos da Xunta de 2016. Ademais, plantean a construción dun edificio anexo, con 45 prazas, o que suporía unha partida a maiores de 50.000 euros para a redacción do proxecto.

Días despois, os membros da ANPA do Infanta Elena reuníronse coa delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que se comprometeu a trasladar os detalles da proposta ao novo conselleiro de Educación, e ter unha resposta neste mes. Dende a ANPA consideran «condición inaplazable» que os Orzamentos de 2016 inclúan unha partida «que signifique o primeiro paso da solución do problema».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obras de mellora en pistas do municipio de Láncara

Seguinte Nova

Colexios e institutos de Monforte participarán no programa de actos do IV centenario da segunda parte de El Quijote

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: