A Consellería distribuiu 216.146 manuais a través do Fondo Solidario de libros de texto

• No comezo do curso 2015-2016, a Consellería de Cultura e Educación leva distribuídos un total de 216.146 manuais a través do Fondo Solidario de libros de texto, que funciona este ano en 3º e 5º de Primaria e en 2º e 4º da ESO. Según explicaron os responsables autonómicos, o Fondo Solidario que se constituíu nos centros educativos, como se establece na orde do 21 de maio de 2015, nutriuse dos libros devoltos polo alumnado que no pasado curso 2014-2015 recibiu axuda para a súa adquisición.

FOMENTAR A CULTURA DA SOLIDARIDADE

O Fondo tamén foi incrementado por achegas e doazóns do alumnado, familias e ANPAs. Dende a Consellería valoraron tanto a utilidade de recuperar este material para un segundo uso, como o feito de incentivar a cultura da solidaridade e da convivencia.

LIÑAS DE AXUDAS PARA MERCAR OS LIBROS DE TEXTO

Dende Educación salientaron asimesmo que a Consellería mercou, a través dos centros de ensino, os manuais necesarios para cubrir a todos aqueles usuarios que, pola súa renda familiar, debían estar cubertos polo programa de Gratuidade Solidaria. Dado que esta xestión se levou a cabo a través dos centros de ensino, a Consellería está á espera dos datos definitivos.

Pola súa banda, a Xunta concedeu un total de 90.020 axudas para a adquisición de libros de texto. Estas achegas foron destinadas aos cursos de 1º e 2º de Primaria, xa que neles non é posible a reutilización, e á aqueles do ensino obrigatorio nos que se implanta a LOMCE, que corresponden a 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO.

Ademais destas achegas, Educación xa leva repartidos 81.043 vales de 50 euros para a adquisición de material escolar, dentro da liña de axudas para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros anuais por membro da unidade familiar.

ACCESO GRATUÍTO AO LIBRO DIXITAL CO PROXECTO E-DIXGAL

Dende a Xunta destacaron que, ademais das aportacións do Fondo e das diversas liñas de axudas, se está a facilitar este curso o acceso gratuíto ao libro dixital, a través do proxecto E-Dixgal, a uns 6.000 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e 1º de ESO.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 40 xinetes participarán en Marcelle no último raid desta tempada

Seguinte Nova

Darío Campos Conde, novo presidente da Deputación de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: