• O día 7 deste mes, a presidenta da Deputación, Elena Candia, asinou un convenio co presidente da Asociación Protectora de Plantas e Animais, Javier García Calleja, pola que o organismo provincial cede unha parcela da súa propiedade para a ampliación das instalacións de acollida de animais.
Según explicaron os responsables provinciais, esta parcela, denominada Codesido ou Codeside, ten unha superficie de 40.200 metros cadrados, e está situada no lugar de Piñeiro, pertencente á parroquia lucense de San María de Muxa. Esta parcela, que será cedida de balde, permitirá á Protectora reforzar a prestación dos seus servizos de recollida de animais abandonados e de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade aos concellos.•