A Deputación divulgará o labor das Irmandades da Fala no seu centenario

Destacaron a importancia da agrupación local de Monforte de Lemos na actividade deste colectivo

• O Pleno da Deputación de Lugo celebrado o 27 de setembro aprobou por unanimidade a proposta do grupo provincial do Partido Popular de impulsar o recoñecemento ao labor das Irmandades da Fala en defensa da lingua galega con diferentes actividades. Nesta liña, a Deputación de Lugo instará á Xunta de Galicia a declarar oficialmente 2016 Ano das Irmandades da Fala.

Os populares defenderon a necesidade de que a Deputación lidere esta iniciativa » a importancia e peso que a provincia tivo dentro das Irmandades», as cales contaron con agrupacións locais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo.

Ademais, a proposta incide en que as Irmandades «son merecedoras do respecto e o recoñecemento de todos os lucenses pola súa contribución impagable á defensa, exaltación e fomento da lingua e cultura galegas».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xestur adxudica unha parcela de solo a prezo bonificado en As Gándaras

Seguinte Nova

Unanimidade do Pleno do Concello para que Monforte celebre o IV aniversario da segunda parte de El Quijote

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: