A Ruta do Viño Ribeira Sacra completou a tempada con cheo absoluto en todos os trens turísticos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada de Lugo, Raquel Arias; o xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez; e o xerente da Área Comercial e Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac, na derradeira viaxe do tren turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. GPTG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada de Lugo, Raquel Arias; o xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez; e o xerente da Área Comercial e Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac, na derradeira viaxe do tren turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. GPTG.

A da Ribeira Sacra foi a máis demandada do programa «Galicia a Todo Tren» A ocupación media dos sete trens turísticos deste plan medrou ata o 87%

• Un ano máis, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra volveu ser o itinerario máis demandado do sete que integran a programación de trens turísticos «Galicia a Todo Tren», que se desenvolveu dende xuño ata finais de setembro. A Ruta da Ribeira Sacra completou a tempada cunha ocupación do 100% das prazas dos oito percorridos que desenvolveu, e que sumaron un total de 434 viaxeiros. Pola súa banda, o tren da Ruta do Viño Valdeorras-Ribeira Sacra finalizou cun 96,4% de ocupación, con oito saídas ao longo do verán nas que participaron algo máis de 400 persoas.

RUTAS TEMÁTICAS PARA COÑECER GALICIA DUNHA MANEIRA DIFERENTE

Según explicou a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a derradeira viaxe do tren turístico dende Monforte a Santo Estevo de Ribas do Sil, a terceira edición de «Galicia a Todo Tren», posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o INORDE, ofreceu sete rutas temáticas diferentes que permitiron descubrir diferentes zonas de Galicia dunha maneira única incrementando a competitividade da nosa comunidade como destino turístico.

OCUPACIÓN POR RIBA DO 70% EN TODAS AS RUTAS

Castro explicou que estas sete rutas desenvolvéronse en 57 itinerarios con 2.524 prazas, 74 máis que o ano pasado. Según explicou a directora xeral de Turismo de Galicia, esta tempada resultou un éxito, como amosan os máis de 2.200 pasaxeiros, o que supón un incremento da demanda de cinco puntos porcentuais respecto ao ano pasado, acadando unha ocupación do 87%.

As mellores cifras de viaxeiros concentráronse na Ruta do Viño da Ribeira Sacra e de Ribeira Sacra-Valdeorras, cun cheo total na primeira e unha ocupación cercana ao 95% na segunda.

Pola súa parte, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos finalizou a principios de setembro co 88,8% de ocupación nas cinco saídas que se produciron dende o mes de xullo. A Ruta dos Faros, cun total de vinte saídas, tivo unha ocupación do 86,8%, dando servizo a máis de 500 persoas.

Por último, as Rutas do Viño Rías Baixas, Ribeira-Rías Baixas e Monterrei rexistraron unha ocupación arredor do 70%, con máis de 600 viaxeiros en 16 itinerarios.

MÁIS PROXECTOS E MÁIS PRAZAS PARA OS TRENS TURÍSTICOS

Nava Castro lembrou que para este 2015 melloráronse os itinerarios e incluíronse novos proxectos ao programa que ampliaron a oferta turística de Galicia e fomentaron o desenvolvemento sustentable do sector turístico galego. «Un programa moi completo que permitiu descubrir a nosa comunidade dun xeito distinto e que incrementou a competitividade de Galicia como destino turístico», afirmou Castro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción en Monforte á XXXII Promoción da Escola de Renfe de Vilagarcía

Seguinte Nova

XII Festa dos Maiores en Sarria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: