Aberto ata o 31 de outubro o plazo do 2º certame de ideas emprendedoras Semente de Monforte

• Dende comezos de outubro e ata o día 31 está aberto o prazo para presentar candidaturas ao certame de proxectos empresariais que convoca por segundo ano consecutivo a asociación Semente de Monforte. Según explicaron os responsables desta iniciativa, calquer persoa física pode presentar unha idea empresarial, e entre os proxectos recibidos, seleccionaranse dez finalistas, dos que sairá o proxecto gañador dos 20.000 euros do premio. O autor do proxecto gañador poderá tamén acceder a importantes grupos de inversión para presentar a súa idea. As candidaturas ao certame da asociación Semente de Monforte deberán presentarse por vía telemática a través da web http://www.sementedemonforte.org.

Promotores da asociación e entidades colaboradoras iniciaron unha rolda de presentacións desta iniciativa en universidades e centros de ensino, que comezou o día 1 na Facultade de Empresariais de Vigo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte celebrou o Día da Policía

Seguinte Nova

A monfortina Belén Gómez, en Nicaragua co Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss