Ata o 21 de outubro para inscribirse na UNED Senior de Sarria e Monforte

O prazo de inscrición no programa UNED Senior das aulas de Sarria e Monforte rematará o 21 de outubro. Este programa vai destinado a persoas maiores de 55 anos, interesadas en enriquecer os seus coñecementos, independentemente da súa formación previa. No primeiro semestre desenvolverase dende o 20 outubro de 2015 ata o 19 de febreiro de 2016.

CLASES EN SARRIA

Na aula de Sarria, situada na Casa da Cultura, impartiranse a asignatura de Informática (os martes, de 17 a 19 horas), e de Adestramento da memoria (os mércores de 17 a 19 horas.

CLASES EN MONFORTE

Pola súa banda, a aula de Monforte, situada na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, acollerá a materia «Tertulias literarias», a cargo de Sonia González López, os xoves de 17 a 19 horas. O prezo é de 45 euros por asignatura. Os interesados poderán formalizar a matrícula na Oficina da Xuventude do Concello de Sarria, ou na Asociación de Viudas de Sarria Concepción Ulloa, e en Monforte na sede da UNED, situada na segunda planta da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, na Praza de España.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezaron as sesións de Ximnasia de mantemento en Sober

Seguinte Nova

Pantón acolleu a final do V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: