Ata o día 23 para enviar fotos ao concurso para ilustrar o calendario da Asociación Veciñal do Saviñao

A Asociación Veciñal de O Saviñao vén de convocar por segundo ano consecutivo o concurso de fotografía para elaborar o calendario 2016 desta asociación. O prazo de recepción de traballos remata o vindeiro 23 de outubro.

FOTOS SOBRE A ARQUITECTURA CIVIL DO SAVIÑAO

A temática estará centrada nos pobos, aldeas e lugares do municipio de O Saviñao, con especial atención á arquitectura civil. As fotografías poderán presentarse en formato libre, a cor ou en branco e negro, aínda que con resolución suficiente para ser correctamente impresas en tamaño A4 horizontal. Entre os traballos recibidos, seleccionaranse oito fotografías, coas que se ilustrará o calendario. O autor de cada unha das fotos seleccionadas recibirá dous exemplares do almanaque 2016.

A FOTO DE PORTADA PREMIARASE CUNHA NOITE NUNHA CASA RURAL DO SAVIÑAO

Entre estes oito traballos, seleccionarase a imaxe que ilustrará a portada do calendario. O autor desta fotografía será agasallado cunha noite de estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural de O Saviñao, e que deberá disfrutarse antes da Semana Santa de 2016.

O xurado que valorará os traballos presentados estará composto por tres profesionais da fotografía máis un membro da Asociación Veciñal O Saviñao.

As fotografías participantes deberán enviarse a través do enderezo electrónico asociacionvecinaldosavinao@gmail.com. Toda comunicación da organización cos participantes enviarase ao enderezo electrónico dos remitentes dos traballos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober estrea Escola Municipal de Teatro

Seguinte Nova

Comezan as actividades socioculturais e deportivas en Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss