•A Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel asinaron un convenio de colaboración a comezos de outubro, polo que o ente provincial outorgou unha achega de 3.000 euros para financiar a organización da Festa da Castaña. Este evento gastronómico, que o 7 de novembro acadará a súa vixésimo oitava edición cunha degustación gratuíta de entre 700 e 800 quilos de castañas, constitúe unha das citas senlleiras no calendario festivo do outono no sur lucense. Dende a Deputación suliñaron a aposta deste organismo «na potenciación e comercialización dos produtos autóctonos da provincia», así como no «recoñecemento do valor etnográfico desta festa, e do seu potencial como atractivo turístico». Pola súa banda, dende o Concello de Folgoso, a alcaldesa Dolores Castro agradeceu o apoio de Xunta e Deputación a esta Festa de Interese Turístico de Galicia. Castro suliñou que a axuda da Deputación supón «un recoñecemento a este produto beneficioso para as economías familiares do noso municipio».•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa