Axuda provincial para celebrar a XXVIII Festa da Castaña en Seoane do Courel

A Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel asinaron un convenio de colaboración a comezos de outubro, polo que o ente provincial outorgou unha achega de 3.000 euros para financiar a organización da Festa da Castaña. Este evento gastronómico, que o 7 de novembro acadará a súa vixésimo oitava edición cunha degustación gratuíta de entre 700 e 800 quilos de castañas, constitúe unha das citas senlleiras no calendario festivo do outono no sur lucense. Dende a Deputación suliñaron a aposta deste organismo «na potenciación e comercialización dos produtos autóctonos da provincia», así como no «recoñecemento do valor etnográfico desta festa, e do seu potencial como atractivo turístico». Pola súa banda, dende o Concello de Folgoso, a alcaldesa Dolores Castro agradeceu o apoio de Xunta e Deputación a esta Festa de Interese Turístico de Galicia. Castro suliñou que a axuda da Deputación supón «un recoñecemento a este produto beneficioso para as economías familiares do noso municipio».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Estación estreou novo párroco

Seguinte Nova

Os alcaldes da Mancomunidade do Camiño Francés coñeceron o Plan Director da Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: