Cheo absoluto no Viñobús Vendima 2015

Na iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra participaron máis de 100 persoas, e recibíronse máis de 200 chamadas interesándose por este programa

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A vendima foi a protagonista da proposta de ocio activo que desenvolveron dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra durante as fins de semana de setembro. Un total de 102 persoas, entre as que se atopaban 17 nenos e nenas, participaron nas rutas do Viñobús Vendima 2015, unha iniciativa que integrou os procesos de traballo da colleita e procesado da uva co disfrute da natureza e do seu aproveitamento.

SUPERADAS AS EXPECTATIVAS DE OCUPACIÓN

Esta segunda edición do Viñobús Vendima 2015 foi todo un éxito de participación, cun 100% das prazas ocupadas, e cunha repercusión superior ás expectativas, xa que foron 55 as persoas que quedaron en lista de agarda ante posibles cancelacións de última hora. Ademais, a organización recibiu máis de 200 chamadas de persoas interesadas por coñecer as características destas rutas interactivas en torno á vendima da Ribeira Sacra.

PERFIL DO USUARIO DAS RUTAS DO VIÑOBÚS VENDIMA

Según os datos recollidos polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o perfil do usuario maioritario do Viñobús Vendima 2015 correponde a unha muller de 40 anos, e procedente da provincia de A Coruña. Dende a organización apuntaron tamén a valoración «excelente e moi satisfactoria» que fixeron os usuarios das rutas do Viñobús Vendima 2015. En canto ás adegas participantes, foron media ducia os produtores que se adheriron a este programa, aínda que varias adegas non participantes amosaron o seu interés por sumarse a esta iniciativa en vindeiras edicións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para o Castanhazo Rock 2015 en Chantada

Seguinte Nova

A Estación estreou novo párroco

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss