Cinco novos parque biosaludables en Monforte

O alcalde falou cos veciños das parroquias na inauguración dos cinco novos parques biosaudables de Monforte. GPCM
O alcalde falou cos veciños das parroquias na inauguración dos cinco novos parques biosaudables de Monforte. GPCM

• As parroquias monfortinas da Vide, A Penela, Bascós e Santa Mariña, ademais do barrio de San Lázaro, contan dende este mes con cadanseu parque biosaudable.

DEPORTE AO AIRE LIBRE E DE BALDE

O alcalde, José Tomé, e o concelleiro de Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, comentaron cos veciños da Vide as vantaxes dos novos equipos de mantemento físico instalados na zona. «A idea é crear espazos para compartir a actividade física, sobre todo para as persoas maiores», suliñou Tomé, en referencia a estas instalacións que permite a prática do deporte con aparellos ao aire libre e de balde.

Según explicaron os responsables municipais, o investimento nestes novos parques foi de 9.235 euros. As estructuras colocadas súmanse aos parques biosaudables xa existentes na Compañía, rúa López Suárez e A Florida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A monfortina Belén Gómez, en Nicaragua co Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Seguinte Nova

Sober estrea Escola Municipal de Teatro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: