Darío Campos Conde, novo presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de A Pontenova acada a presidencia provincial logo de prosperar a moción de censura de socialistas e nacionalistas

No centro da imaxe, o novo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, atende aos medios no seu primeiro día de traballo. GPDP.
No centro da imaxe, o novo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, atende aos medios no seu primeiro día de traballo. GPDP.

• O pasado 8 de outubro, o Pleno extraordinario da Deputación de Lugo acolleu a votación da moción de censura presentada polos grupos provinciais do PSdG-PSOE e do BNG contra o Goberno presidido por Elena Candia, do Partido Popular. A moción resolveuse co nomeamento, cos votos a favor dos once deputados socialistas e dos dous nacionalistas, de Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova, como novo presidente da Deputación lucense. Campos é veterinario de profesión, actividade á que se adicou como autónomo durante anos. Dende 2007 é alcalde da Pontenova, cargo que revalidou en tres ocasións por maioría absoluta.

VISITAS AOS TRABALLADORES E REUNIÓN COS RESPONSABLES SINDICAIS

No seu primeiro día como mandatario provincial, Darío Campos afirmou iniciar «este novo reto con moita intensidade». As primeiras reunións de traballo foron coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cos Presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de Galicia e Asturias, e co Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, que se atopaban no Pazo de San Marcos con motivo da celebración dun encontro galaico-astur sobre xudicatura. A continuación, e acompañado por outros deputados socialistas, Darío Campos visitou aos traballadores da Deputación e mantivo reunións cos responsables das diversas áreas. Ao día seguinte, Campos reuniuse cos representantes sindicais da institución provincial, co obxectivo de «transmitirlles unha mensaxe de tranquilidade, xa que a normalidade voltou á Deputación de Lugo». A composición do Goberno provincial farase pública nos vindeiros días.

CANDIA, PORTAVOZ DO GRUPO POPULAR

A presidenta saínte, Elena Candia, será a voceira do grupo provincial do PP, función que desenvolverá «facendo unha oposición leal e construtiva, centrada na defensa dos intereses dos veciños».»No Goberno demostramos que hai outra forma de facer política, e a dedicación, o traballo e a honradez serán os nosos puntos fundamentais na labor de oposición», precisou.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Consellería distribuiu 216.146 manuais a través do Fondo Solidario de libros de texto

Seguinte Nova

Monforte ofrécese á Academia como sede do Día das Letras Galegas de Manuel María

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss