• A comezos de outubro, a Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade a renovación da Comisión Executiva. Gloria Prada, concelleira de Servizos Sociais de Monforte, é un dos membros desta nova Comisión, que terá unha permanencia de catro anos.
A CRISE DOS REFUXIADOS, UN RETO PARA ESTA COMISIÓN
A concelleira monfortina destacou que «este tipo de foros serven como punto de encontro para dar a coñecer o traballo que se está realizando en Galicia». Prada destacou que un dos retos que se plantea a Comisión é a xestión da crise dos refuxiados sirios. «Esta é unha época moi complicada e os concellos debemos traballar xuntos para dar a mellor resposta», suliñou Prada, que augura «uns anos de moito traballo» para esta Comisión.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade está integrado po 85 concellos e as Deputacións de A Coruña e Lugo, que teñen como obxectivo común levar adiante iniciativas solidarias e de cooperación con países máis desfavorecidos. Dende a súa fundación en 1997, o Fondo leva executados máis de 140 proxectos en 20 países.•