Monforte ofrécese á Academia como sede do Día das Letras Galegas de Manuel María

A estatua de Manuel María ocupa un lugar destacado na paisaxe urbana de Monforte, na actitude de conversa que caracterizou a este poeta, fondamente ligado á cidade do Cabe. EC.
A estatua de Manuel María ocupa un lugar destacado na paisaxe urbana de Monforte, na actitude de conversa que caracterizou a este poeta, fondamente ligado á cidade do Cabe. EC.

• Con data de 6 de outubro, día do nacemento do poeta Manuel María, o alcalde de Monforte enviou unha carta ao presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, para pedirlle que Monforte sexa a sede dos actos do Día das Letras Galegas 2016, adicados a este escritor.

MONFORTE, INSPIRACIÓN PARA MANUEL MARÍA

Na carta, José Tomé gabou a decisión dos académicos de honrar a figura e a obra do poeta nado na Terra Chá, pero fondamente vinculado a Monforte. Precisamente, sobre este argumentou asentouse a petición do rexedor local. Tomé lembrou que Manuel María «pasou boa parte da súa vida nesta cidade, que lle serviu tamén de inspiración para a súa obra», como se recolle no cancioneiro adicado a Monforte de Lemos. O alcalde fixo tamén referencia ao compromiso social e político de Manuel María con Monforte e a súa cidadanía. Tomé lembrou a polifacética vida deste procurador xudicial, que exerceu como concelleiro na cidade do Cabe, e fundou coa súa dona a librería Xistral, «un auténtico centro de dinamización cultural da cidade».

Asimesmo, o alcalde anunciou que dende o Concelllo xa están a traballar nunha serie de accións en paralelo aos actos que organice a Real Academia.

Pola súa banda, dende Espertamonforte! amosaron o seu «apoio e colaboración» á Concellería de Cultura para poñer en valor «a figura e o compromiso social e político» de Manuel María. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Darío Campos Conde, novo presidente da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

Isabel Aguirre de Úrcola, premio ´María Josefa Wonenburger´2015

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: