•A Consellería de Sanidade vén de adquirir 530.100 vacinas antigripais, que serán dispensadas na campaña deste ano, dende o 19 de outubro ata o 19 de decembro. Dende Sanidade recomendan á cidadanía non acudir masivamente os primeiros días, xa que a campaña permanecerá activa durante 8 semanas. Como novidade, está en marcha a web http://gripe.sergas.es, con información para cidadáns e profesionais sanitarios acerca dos diversos aspectos do desenvolvemento da campaña e das características da vacina.•