• A Estación Científica do Courel acolleu a finais de setembro un obradoiro integrado na programación do Master Terra, que imparte a USC na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo. Este obradoiro estivo planteado como unha xornada de convivencia do alumnado do Master Terra, na que os participantes puideron adquirir pautas e coñecementos necesarios para desenvolver habilidades comunicativas que permitan a optimización destes grupos de traballo. Así, os participantes desenvolveron diversas estratexias de colaboración, logo de varias propostas en común, coa finalidade de aprender a levar a cabo unha planificación eficaz dun traballo en forma colexiada e estructurada. O grupo estivo acompañado polo director da Estación, Antonio Rigueiro Rodríguez. A Estación Científica do Courel, posta en marcha en 2010, goza dunha situación estratéxica, xa que permite acceder con facilidade aos puntos máis emblemáticos da serra, ao tempo que ten un bo acceso por estrada.•