Obras de mellora en pistas do municipio de Láncara

Imaxe dos traballos de mellora no camiño de Bande a cargo dos equipos da Deputación de Lugo. (Foto cedida).
Imaxe dos traballos de mellora no camiño de Bande a cargo dos equipos da Deputación de Lugo. (Foto cedida).

• A comezos de outubro, a Deputación iniciou os traballos de limpeza e mellora de varias pistas en parroquias do municipio de Láncara. En concreto, as actuacións desenvólvense en Bande, dende a Foxa a cruce de pista con Golás; na parroquia de Cedrón, na entrada a Saa; en San Pedro, no acceso á casa Champán; en San Xoán de Muro a Xunqueira e a Souto; e no camiño de Ronfe a Sanamede.

En principio, os traballos consisten na limpeza de cunetas, e posteriormente continuarán con melloras no pavimento da vía.

As actuacións responden á iniciativa presentada polo grupo municipal do PP no último Pleno, e na que se recollían as peticións dos veciños para que o organismo provincial arranxara diversos camiños. A proposta foi aprobada por unanimidade. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unanimidade do Pleno do Concello para que Monforte celebre o IV aniversario da segunda parte de El Quijote

Seguinte Nova

A ANPA do Infanta Elena demanda unha partida nos Orzamentos da Xunta para este centro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss