Preto de 40 xinetes participarán en Marcelle no último raid desta tempada

O raid, organizado polo Club Equino Felisa Marcelle, celebrarase o sábado 17 de outubro Os xinetes, procedentes de toda Galicia, competirán en catro modalidades

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

• O sábado 17 de outubro, a parroquia monfortina de Marcelle será o punto de partida do último raid da presente tempada. Organizado polo Club Equino Felisa Marcelle, preto de 40 xinetes tomarán parte nesta proba, que discurrirá por zona de monte entre os municipios de Monforte e Sober.

CATRO MODALIDADES DE COMPETICIÓN

A proba disputarase nas modalidades de promoción 40 e 60, cada unha en dúas fases. Pola súa banda, as modalidades de 0 estrelas con 80 quilómetros de velocidade controlada, e de 1 estrela con 80 quilómetros de velocidade libre desenvolveranse en tres fases. As saídas están previstas para as nove e as once da mañá, e se espera que rematen en torno ás seis da tarde.

PARTICIPANTES NA PROBA DE MARCELLE

Según explicaron dende o Club Equino Felisa Marcelle, os xinetes participantes proceden de diversos puntos da xeografía galega, como Padrón, Porto do Son, Pontevedra, Ourense e Lugo, entre outros. Como representantes locais, o Club Equino Felisa Marcelle compite cun total de cinco xinetes. O equipo de Marcelle está composto pola monfortina Sofía Izquierdo, os saviñádegos Jonathan Ferreiro e Diego Martínez, e completado pola santiaguesa Ana Romos.

O raid constitúe unha modalidade ecuestre na que se pon a proba a velocidade, habilidade e resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete. No raid, os participantes percorren grandes distancia nun só día, con terreos diversos e climatoloxía variable. O percorrido desenvólvese en varias fases, para ter ocasión de realizar as correspondentes asistencias durante os intervalos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estrea en competición dos equipos senior do CB Sarria

Seguinte Nova

A Consellería distribuiu 216.146 manuais a través do Fondo Solidario de libros de texto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: