Primeira cita coa competición para o club Neka esta tempada

Os monfortinos acuden ao Open Internacional de Ribeira con expectativas de revalidar os bos resultados do ano pasado Un total de dezasete deportistas do club monfortino acudirán á cita de Ribeira, nas modalidades de técnica e combate

Neka terá presencia na competición da modalidade de combate e de técnica do Open Internacional de Ribeira, os días 17 e 18 de outubro. Arquivo EC.
Neka terá presencia na competición da modalidade de combate e de técnica do Open Internacional de Ribeira, os días 17 e 18 de outubro. Arquivo EC.

• Os deportistas do club Neka de Monforte voltarán á competición a vindeira fin de semana, coa participación no Open Internacional de Ribeira. Un total de 17 taekwondistas deste club participarán nas probas de técnica e combate, coa vista posta en revalidar os bos resultados da pasada tempada. «En técnica somos punteiros, a nivel autonómico e nacional, e confiamos volver con varias medallas», explica José Mª Vega, adestrador no Neka, equipo campión de España infantil do pasado ano.

VETERÁNS DA COMPETICIÓN ESTARÁN MAN CON MAN CON NOVAS CARAS

O plantel que presenta este equipo á proba de Ribeira une a veteranía de varios medallistas, como Carlos Fernández, Carla Pardo, e os membros do trío junior Álex Camba, Samuel López e Carlos Rey, coa ilusión de moitos deportistas que dan os seus primeiros pasos en competición. Ademais destes cinco deportistas, a aposta do Neka en Ribeira está integrada por Karla Novo, Álex Taboada, Aitor Teijeiro, Lucía Roca, José Roca, Marco García, Nerea Fernández, Ana López, Laura Álvarez, Sydney Rodríguez, Yasmine Rodríguez, Daniel Areán, Raúl Vázquez e Betitxa Carrera. Todos eles competirán a partir das nove da mañá do domingo 18 de outubro.

EXPECTATIVAS EN COMBATE

Na xornada previa, abrirán a competición os deportistas da modalidade de combate. O club Neka presenta nesta ocasión a tres rapaces, Petru Mihail en senior, Elena Varela en junior, e José Roca en cadete. A cita de Ribeira ten o atractivo de que puntúa no ranking para a selección galega. «Temos boas expectativas, Mihail está reincorporándose ben aos adestramentos, Elena xa competiu nesta modalidade facendo un bo traballo, e José Roca mellorou moito fisicamente, o que lle da moitas opcións de medalla», suliña Vega.

A primeira proba da tempada para os de Neka supón todo un reto para os monfortinos, polo alto nivel da competición. «Hai equipos punteiros, como o portugués Jovenes Douro, e tamén son difíciles o Taekwondo Lisboa e o de Dragao do Norte, así que vai estar reñido», precisa o adestrador do Neka. Vega destaca que, ademais da seriedade con que os deportistas do seu club afrontan a competición, a cita de Ribeira será unha ocasión máis para disfrutar de dous días de deporte e confraternidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Outono, mes para disfrutar da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Club Lemos y Sarriana disputarán un nuevo derbi en A Pinguela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: