Unanimidade do Pleno do Concello para que Monforte celebre o IV aniversario da segunda parte de El Quijote

• A xestión conxunta entre administracións da acollida de refuxiados sirios, a ordenanza do uso urbano da bicicleta, a cesión de locais para asociacións de interese social, e a celebración da efeméride literaria vinculada a «El Quijote» centraron as medidas aprobadas no último Pleno municipal de Monforte, celebrado a finais de setembro.

SOCIEDADE, CULTURA E TRÁFICO

Na sesión plenaria saiu adiante a proposta de Espertamonforte! para que o Concello ceda un local á asociación Ruliños Terra de Lemos, cunha enmenda do Partido Popular para ampliar esta cesión a todas as asociacións locais de interese social. Tamén se aprobou a moción do Partido Popular, co apoio de Espertamonforte! e do PSOE, para que a cidade conte cunha ordenanza reguladora do uso urbano da bicicleta, ao tempo que se potencia o seu uso como vehículo de transporte sostible e saudable. O PP tamén contou co respaldo de toda a Corporación para que Monforte dispoña un programa de actos conmemorativos do cuarto centenario da publicación da segunda parte de «El Quijote», que o seu autor, Miguel de Cervantes, adicou ao seu mecenas e protector, don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos.

En canto á xestión da acollida no municipio de refuxiados sirios, a Corporación acordou traballar conxuntamente coas demais administracións nesta materia, aglutinando as mocións presentadas polos diversos grupos municipais. Tamén saiu adiante a moción en defensa do sector lácteo presentada polo PSOE co apoio do BNG e Espertamonforte!.•

O BNG falou con asociacións e colectivos sobre a xestión da crise dos refuxiados sirios

• Nestas reunións, a voceira nacionalista no Concello de Monforte, Pilar López, explicou a súa petición, levada a Pleno, para a creación «urxente» dunha Comisión de Traballo sobre este tema que elaboraría, entre outras, un rexistro de posibles familias acolledoras. Ademais, López reuniuse cos responsables do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, que amosaron a súa colaboración para o asesoramento xurídico que precisen as persoas refuxiadas que cheguen a Monforte.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación divulgará o labor das Irmandades da Fala no seu centenario

Seguinte Nova

Obras de mellora en pistas do municipio de Láncara

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: