Xestur adxudica unha parcela de solo a prezo bonificado en As Gándaras

• O Consello de Administración de Xestur vén de adxudicar este mes un total de 15.025 metros cadrados de solo industrial a prezo bonificado. Esta superficie corresponde a 12 parcelas, das que seis están no parque de Melide, tres no de Bértoa en Carballo, e as outras tres nos polígonos de Negreira, Sigüeiro e As Gándaras. Neste polígono lucense, a superficie adxudicada ten 675 metros cadrados.

Según precisaron dende a Xunta, no que vai de ano, Xestur xa vendeu máis solo que no conxunto dos anos 2013 e 2014 e incluso superou as vendas de 2008, ano no que a sociedade pública vendeu 282.000 metros cadrados.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación cede terreos á Protectora de Animais de Lugo

Seguinte Nova

A Deputación divulgará o labor das Irmandades da Fala no seu centenario

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio