6.000 euros da Xunta para mellorar o equipamento dos 4 CIM do sur de Lugo

A Xunta vén de conceder un total de 6.105,3 euros aos catro Centros de Información á Muller (CIM) do sur de Lugo, dentro das axudas concedidas a 60 concellos galegos e tres mancomunidades para mellorar o equipamento destes centros. O importe total da partida que a Xunta destinou para este concepto ascende a 245.000 euros. Os concellos da provincia de Lugo que se beneficiarán destas achegas son Palas de Rei, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada, Sarria, Burela, Vilalba, Ribadeo, Viveiro e Quiroga. En canto aos importes, o CIM de Sarria recibirá unha achega de 5.089,30 euros, o centro de Chantada 1.944,47 euros, mentres que o CIM de Quiroga contará cunha subvención de 1.016 euros, e o de Monforte 695 euros. Por provincias, Ourense contará con sete CIM beneficiarios de axudas, Pontevedra con 21, e A Coruña con 23.

Con esta achega, dende a Xunta pretenden consolidar e reforzar o labor dos CIM para contribuír a que oferten servizos de calidade nun contorno adecuado, a través da mellora do equipamento informático, de oficina e mobiliario, que permita, ademais do traballo cotiá, o traballo en rede e a utilización de ferramentas TIC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Isabel Aguirre de Úrcola, premio ´María Josefa Wonenburger´2015

Seguinte Nova

Intensa programación de ocio en outono na Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss