O pasado 9 de outubro, un grupo de 50 alumnos e alumnas do IES Daviña Rey, acompañados por cinco profesores, viaxaron á capital francesa para unha estadía cultural de sete días. Na axenda da viaxe está unha visita á sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo, invitados polo eurodeputado lucense José Blanco, e donde poderán seguir en directo unha sesión parlamentaria. A expedición monfortina tamén realizou unha ruta cultural por París, visitando a Torre Eiffel, Notre Dame, Versailles, Campos Elíseos e Arco do Triunfo, entre outros puntos de interés, para rematar cunha viaxe en barca polo río Sena. A ruta europea dos monfortinos completouse con visitas a cidades como Bruxas, Burdeos ou Bruxelas. (Foto cedida).•