Aprobado o Plan de Banda Larga de Galicia 2020

A comezos de outubro, o Consello da Xunta aprobou o Plan de Banda Larga Galicia 2020, que ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicación, capaces de proporcionar servizos de entre 30 e 100 megas.

ESFORZO «HISTÓRICO» NOS ÚLTIMOS 5 ANOS

Logo do Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que «continuar mellorando as condicións de acceso dos galegos á banda larga é un dos máis importantes compromisos do Goberno galego no eido das tecnoloxías».

O mandatario autonómico fixo balance do esforzo «histórico» que a Xunta realizou nos últimos 5 anos. Feijóo precisou que dende principios de 2009, cando máis de 786.000 galegos non tiñan acceso a internet, pasouse á situación actual na que a prática totalidade dos cidadáns, servizos públicos e parques empresariais de Galicia contan con acceso de polo menos 2 megas de velocidade.

Asimesmo, o mandatario autonómico suliñou que actualmente o 50% da poboación ten acceso a redes con velocidades de ata 200 megas. Tamén destacou que se reforzaron e ampliaron as infraestruturas do operador público Retegal, que terán un «papel chave» para implementar e axilizar os novos despregamentos.

Núñez Feijóo tamén abondou nas cifras que trouxo consigo o esforzo tecnolóxico dos últimos anos. Así, sinalou que estas actuacións permitiron, entre outros, un incremento dun 51% dos fogares galegos con conexión a Internet, que o 70% dos fogares dispoñan deste servizo fronte ao 46% do ano 2010, e que Galicia sexa a terceira comunidade en incremento do uso regular de Internet.

Cara ao futuro, Feijóo destacou que o Plan dará cobertura de cando menos 30 megas á práctica totalidade da poboación, e servizos de banda larga por riba dos 100 megas para os núcleos de poboación de máis de 500 habitantes.

A Galicia dixital, en datos

3 DE CADA 4 FOGARES GALEGOS TEÑEN CONTRATADA INTERNET DE BANDA LARGA, o que supón un 61% máis que hai 5 anos, e sitúa a Galicia a tres puntos da media estatal. NOS CONCELLOS GALEGOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES, MEDROU UN 12,2% O NÚMERO DE FOGARES CON CONEXIÓN DE BANDA LARGA fronte ao 9,4% da media estatal en 2014. UN 79% DOS FOGARES CON INTERNET ACCEDEN Á REDE CON DISPOSITIVOS DE MAN, como tablets ou teléfonos móbiles, o que supón 2 puntos máis que a media estatal de 2014. O 68% DOS GALEGOS USOU O ORDENADOR NOS 3 ÚLTIMOS MESES, e un 72% usou internet neste mesmo periodo. A COMPRA ELECTRÓNICA MEDROU EN GALICIA UN 15,8%, e un 30% dos galegos realizou compra dun produto ou servizo por internet nos últimos 3 meses. MEDROU NUN 35% O NÚMERO DE USUARIOS DAS TIC MAIORES DE 55 ANOS NOS ÚLTIMOS 3 MESES, un aumento moi superior á media estatal, que non chega ao 19%. UN 65% DOS INTERNAUTAS GALEGOS PARTICIPA HABITUALMENTE NAS REDES SOCIAIS, en cifras similares á media estatal. UN 82% DOS INTERNAUTAS DE GALICIA LE OU DESCARGA PRENSA E REVISTAS EN LIÑA, case 3 puntos porcentuais por riba da media estatal. (Fonte: Datos INE outubro 2015, recollidos por AMTEGA).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carballedo e Sarria ensinarán aos maiores as vantaxes dos teléfonos intelixentes

Seguinte Nova

Arte e música no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss