Carballedo e Sarria ensinarán aos maiores as vantaxes dos teléfonos intelixentes

Este programa da AMTEGA e Fundación Vodafone desenvolverá actividades en 29 localidades galegas para achegar aos maiores o uso do smartphone

•Os maiores das comarcas de Sarria e Chantada terán unha oportunidade para achegarse ás novas tecnoloxías da man do programa que a Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA) está a poñer en marcha en colaboración coa Fundación Vodafone. O proxecto ofrece actividades para introducir aos maiores no manexo dos teléfonos intelixentes ou smartphones, e darlles a coñecer as vantaxes do seu uso na vida cotiá. O obxectivo deste proxecto é achegar a tecnoloxía aos colectivos máis vulnerables á exclusión dixital.

A actividade de Carballedo comezará o 19 de outubro, e desenvolverase na Aula CeMIT ata o día 28 deste mes. En Sarria, a Aula CeMIT acollerá este proxecto do 2 ao 11 de novembro.

As Aulas CeMIT ofrecerán diversos terminais telefónicos para que as persoas que non dispoñan dun poidan seguir a actividade. Os participantes recibirán un manual en papel onde se explicará, dun xeito moi visual e didáctico, as operacións básicas que se poden realizar con estes teléfonos, como facer unha chamada ou gardar un número. Tamén se amosarán outras aplicacións práticas con exemplos adaptados ás necesidades deste colectivo.

Nas Aulas CeMIT tamén se amosarán pequenos vídeos explicativos que complementarán visualmente as nocións explicadas no manual.

Según explican dende a organización, as vantaxes do uso destes teléfonos intelixentes para as persoas maiores abranguen diversos aspectos da súa vida cotiá. Así, poden empregalos para a súa seguridade, con sistemas de xeolocalización ou teleasistencia, e proporcionarlles novas formas de lecer, a través de dispositivos de lectura, xogos, música ou vídeos de todo tipo, ao tempo que fortalecen a interrelación coa mensaxería instantánea ou as redes sociais, por exemplo.

Os interesados poden anotarse a través da web http://cemit.xunta.es, ou solicitar información no propio Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intensa programación de ocio en outono na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Aprobado o Plan de Banda Larga de Galicia 2020

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: