Convenio entre Xunta e Consorcio para a promoción da Ribeira Sacra

Dende Turismo destacaron que este xeodestino incrementou nun 12,51% o número de viaxeiros no que vai de ano

A sinatura do convenio entre Turismo de Galicia e Consorcio tivo lugar en Nogueira de Ramuín o pasado 1 de outubro. GPTG.
A sinatura do convenio entre Turismo de Galicia e Consorcio tivo lugar en Nogueira de Ramuín o pasado 1 de outubro. GPTG.

• Xunta e Consorcio de Turismo continuarán a traballar conxuntamente na promoción do xeodestino turístico Ribeira Sacra. Esta colaboración materializouse o pasado 1 de outubro coa sinatura dun convenio en Nogueira de Ramuín, coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Consorcio Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián. Como explicou Castro, este convenio supón continuar coa colaboración realizada a través do Plan de Dinamización, levando agora a cabo actuacións para potenciar este destino xa moi definido no ámbito turístico.

Dende o Consorcio precisaron que as actuacións para as que vai destinadas este convenio inclúen a realización dos 21 murais nos concellos da Ribeira Sacra, as rutas do Viñobús, os Ciclos de Concertos estacionais, as Rutas do Románico e a programación de outono «A caída da folla na Ribeira Sacra», entre outras iniciativas.

Outro dos obxectivos do convenio é acadar unha imaxe uniforme e unificada en todos os establecementos turísticos deste territorio. Según explicou Nava Castro, grazas ao convenio, o Consorcio de Turismo aprobará unha ordenanza reguladora que establecerá a imaxe uniforme para todos os establecementos turísticos do destino.

Castro lembrou que as cifras deste ano falan dun aumento do 12,51% no número de visitantes á Ribeira Sacra no que vai de ano, cun aumento tamén das pernoitas nun 9,75%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adriano López enfila a recta final cara o certame de Míster Universo en Perú

Seguinte Nova

Sarria exporta a súa experiencia en antigüidades polas cidades e vilas do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss