FRUGA reclama medidas ante a caída de prezos do vacún de carne

• A finais do mes pasado, a Federación Rural Galega (FRUGA) denunciu a caída de prezos no sector de vacún de carne, que está a afectar ás explotacións. Según explican dende este sindicato, nos últimos anos estaba a rexistrarse unha recuperación «considerable» nos prezos durante os meses de verán, algo que non sucedeu en 2015. Este feito está a supoñer para as explotacións unhas perdas de ingresos «considerables» respecto ao ano anterior, tendo en conta que os prezos de produción seguen á alza.

O VETO DE RUSIA ÁS EXPORTACIÓNS E A CAÍDA DO CONSUMO, ENTRE AS CAUSAS DA BAIXADA DOS PREZOS

Según os responsables de FRUGA, a explicación desta baixada de prezos ten varios factores. Dende o sindicato apuntan, entre outras causas, á caída do consumo por mor da crise económica, e tamén, e «de forma decisiva», ao peche das exportacións a Rusia, e o que isto supón no equilibrio de competencias comerciais entre os diversos estados exportadores.

Dende FRUGA lembran a importancia económica do sector de vacún de carne, que engloba en Galicia a preto de 10.000 explotacións, das que 7.700 están integradas na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Tenreira Galega, caracterizada pola produción de carne de calidade.

REUNIÓN «URXENTE» DA INTERPROFESIONAL

Por todo iso, dende FRUGA reclaman á Xunta que retome a Mesa Interprofesional de Vacún de Carne de Galicia, «que xa funcionou nos tempos do bipartito, e que o actual Goberno eliminou, como outros órganos de carácter interprofesional». No sindicato consideran «urxente» a posta en funcionamento desta Mesa, «sen ningún tipo de exclusión, nin das produtoras nin da parte industrial».

ADMITIDO A TRÁMITE O RECURSO CONTRA A XUNTA POLA DENEGACIÓN DO 70% DAS SOLICITUDES DE AXUDA EN 2013

En canto ás axudas, FRUGA anunciou que xa foi admitido a trámite o recurso presentado por un importante número de gandeiros a través deste sindicato contra a resolución que denegaba a axuda de razas autóctonas do ano 2013 a máis dun 70% das solicitudes presentadas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

50 anos do colexio da Asunción de Sarria

Seguinte Nova

Máis axudas para rehabilitación de vivendas nas zonas ARI

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: