Intensa programación de ocio en outono na Casa da Xuventude de Chantada

Dende o 5 de outubro, están en marcha as actividades de outono na Casa da Xuventude de Chantada. Dende o Concello veñen de organizar unha ampla oferta de ocio e cultura de balde para rapaces e rapazas de entre 10 e 35 anos.

O programa inclúe actividades de carácter creativo, como pintura ao óleo, debuxo técnico, e obradoiros de monicreques, reciclaxe e cesterámica. A programación tamén ofrece actividades lúdicas como teatro, batuka ou step, e outras vinculadas coas novas tecnoloxías, como o obradoiro de enredad@s na rede, ou o curso de fotografía dixital.

Este curso de foto dixital serve de arranque para a programación do Outono Fotográfico da Casa da Xuventude de Chantada, que incluirá tamén dúas exposicións de fotógrafos locais e un concurso fotográfico. O Outono Fotográfico desenvolverase dende outubro ata decembro, cando terá lugar a entrega de premios do concurso de foto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

6.000 euros da Xunta para mellorar o equipamento dos 4 CIM do sur de Lugo

Seguinte Nova

Carballedo e Sarria ensinarán aos maiores as vantaxes dos teléfonos intelixentes

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: