Isabel Aguirre de Úrcola, premio ´María Josefa Wonenburger´2015

A arquitecta galardoada é presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra A Xunta concede desde 2006 este premio a mulleres cunha traxectoria relevante na ciencia ou na tecnoloxía

•O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia vén de conceder, o pasado día 5, o premio ‘María Josefa Wonenburger’ 2015 á arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola. Este premio foi creado pola Xunta de Galicia en 2009 para recoñecer a as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e da tecnoloxía. Nacida en Vilagarcía de Arousa, Isabel Aguirre de Úrcola conta cunha ampla traxectoria profesional. Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, é directora da «Escola Galega da Paisaxe» da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.

Ademais, foi profesora titular da E.T.S de Arquitectura de A Coruña dende 1990 ata 2007. Profesora titular Estética na E.T. Diseño Industrial da Universidad da Coruña dende 1999 ata 2007. É Premio Nacional de Arquitectura ‘Manuel de la Dehesa’ en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto con Álvaro Siza.

Este ano foi galardoada co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do entorno do Mosteiro de Caaveiro. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools.

A súa experiencia docente esténdese a outras universidades españolas e estranxeiras. Expuxo a súa obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición «Os 15 mellores Paisaxistas de Europa» en 2000. Encargouse das obras dos proxectos dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou A Illa das Esculturas en Pontevedra. Tamén traballou na rehabilitación da Mina de Meirama. Dirixiu cursos da Universidade Internacional Menendez Pelayo sobre Desenvolvemento Sostible en 2005, 2006, 2007 e 2008.

IMPORTANTE TRABALLO POLA RIBEIRA SACRA

É presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é promover, recuperar e salvagardar os valores culturais, históricos e paisaxísticos da Ribeira Sacra. Ademais, deu vida, por iniciativa del Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a un proxecto de miradoiro vangardista no Canón do Sil, no corazón da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é actuar como referencia mediática para proxectar ao exterior a paisaxe desta singular zona de Galicia. É autora do proxecto de recuperación do patrimonio ferroviario de Galicia e da creación do museo do ferrocarril de Galicia en Monforte.

Actualmente dirixe e coordina o Master de Arquitectura de Paisaxe da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, USC E UDC, e forma parte do Comité de Persoas Expertas da Escola Galega da Paisaxe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte ofrécese á Academia como sede do Día das Letras Galegas de Manuel María

Seguinte Nova

6.000 euros da Xunta para mellorar o equipamento dos 4 CIM do sur de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss