Sarria exporta a súa experiencia en antigüidades polas cidades e vilas do Eixo Atlántico

O Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración organizou na Coruña o I Encontro de Antigüidades e Coleccionismo da Eurorrexión

Catro anticuarios de Sarria participaron en A Coruña no I Encontro organizado polo Centro de Referencia de Antigüidades e Coleccionismo da Eurorrexión. EC.
Catro anticuarios de Sarria participaron en A Coruña no I Encontro organizado polo Centro de Referencia de Antigüidades e Coleccionismo da Eurorrexión. EC.

• Do 5 ao 10 de outubro, as instalacións de Afundación en A Coruña acolleron o I Encontro de Antigüidades e Coleccionismo da Eurorrexión, organizado polo Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración (CRAR) do Concello de Sarria. Un total de nove expositores, catro deles sarriáns, amosaron parte do seu fondo ás preto de 500 persoas que pasaron polo espazo expositivo, tamén convertido en sede dunha apretada axenda de actos en torno a este sector.

MÁIS VISIBILIDADE EXTERIOR PARA AS ANTIGÜIDADES DE SARRIA E DO EIXO ATLÁNTICO

Según explicaron os responsables municipais, o evento supuxo a culminación dun proxecto do Eixo Interior previsto para o periodo 2008-2013, prorrogado dous anos máis. A idea para pechar este ciclo foi organizar unha feira exterior, sempre dentro do mapa de cidades do Eixo Atlántico, e dende o Concello de Sarria escolleron A Coruña pola visibilidade que ofrece para este tipo de actos, dada a tradición de acollida desta cidade a mostras do sector do coleccionismo. Asimesmo, o Encontro organizado polo CRAR serviu para arrincar cunha serie de mostras similares con diversa periodicidade, e que terán como sede ás cidades e vilas integradas no Eixo Atlántico.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

AMPLO ELENCO DE EXPOSITORES NO EVENTO DE A CORUÑA

Un dos obxectivos deste Encontro, según precisaron dende o Concello, é implicar aos empresarios na promoción conxunta dos seus produtos, incrementar a competitividade e propiciar un espazo de intercambio de experiencias.Importantes anticuarios tomaron parte neste I Encontro promovido polo CRAR de Sarria. A Galería Montenegro de Vigo, e as coruñesas Félix Estrada, El Desván, Isadora Art Decó e La Galería-Cosme and Son SL acompañaron no espazo expositivo aos sarriáns Manuel Calzada, Lola Ribeira, Porvir 39 e Antigüedades Echeverría.

SESIÓNS DIVULGATIVAS E FORMATIVAS A CARGO DE PROFESIONAIS DO SECTOR

Ademais de darse a coñecer ao público, profesionais e visitantes puideron aproveitarse das diversas accións deseñadas para este Encontro. Preto dunha quincena de actividades serviron para poñer en valor esta experiencia expositiva, ao reflexionar sobre os diversos aspectos relacionados co negocio e a cultura das antigüidades e o coleccionismo. Profesionais do sector desenvolveron un total de cinco obradoiros sobre decoración e antigüidades, conservación e restauración, tasación, búsqueda de pezas, e uso de internet como ferramenta para comprar e vender este tipo de produtos.

Asimesmo, durante a semana de celebración do I Encontro de Antigüidades e Coleccionismo da Eurorrexión tiveron lugar diversas actividades, en torno a aspectos concretos da actividade do coleccionista, as posibilidades empresariais dentro deste sector, e seu futuro nun mundo que está a cambiar profundamente co impacto das novas tecnoloxías. Así, por unha banda, o I Encontro organizado polo CRAR de Sarria en A Coruña incluiu na programación relatorios sobre etnografía, coleccionismo de obra gráfica e de arte, e novas tendencias.

Por outra banda, houbo mesas redondas en torno ao estado do sector, as súas posibilidades de inversión, e o futuro do sector coas novas tecnoloxías.

Dende o Concello de Sarria, valoraron positivamente este encontro, no referente á afluencia de visitantes, e tamén na participación nas diversas actividades.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Xunta e Consorcio para a promoción da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

A ribeira e os seus viñedos definirán o territorio da Ribeira Sacra para ser Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: