• A comezos de outubro iniciáronse as sesións das Escolas Deportivas Municipais de Monforte, nas que xa participan un total de 127 persoas. Dende a Concellería de Deportes precisaron que aínda é posible matricularse nalgunha das diversas actividades que ofrecen as Escolas Deportivas para o curso 2015-2016.
ACTIVIDADES INFANTÍS E PARA ADULTOS
A programación inclúe actividades para o público máis novo, e tamén para adultos. Un total de nove actividades están deseñadas para nenos e xoves, e inclúen xadrez, golf, pádel, porteiros de fútbol, ximnasia rítimica, patinaxe, king fu, aeróbic infantil, psicomotricidade e predeporte.
Asimesmo, para os adultos as Escolas Deportivas Municipais de Monforte ofrecen ximnasia de mantemento, ioga, Tai Chi, zumba, aeróbic e xadrez.
HAI PRAZAS LIBRES
As persoas interesadas en matricularse en calquera das actividades poden facelo na Oficina Municipal de Deporte, situada nas Casiñas da Compañía, ou a través do teléfono 982 87 54 30.•