15 establecementos chantadinos encherán de sabor a 7ª edición do Chantapas en novembro

• Durante tres fins de semana de novembro, Chantada convertirase no epicentro dos sabores coa celebración do Chantapas, organizado polo Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada.

Na sétima edición deste evento participan Bar Manix, Bar Miño, Bar Parada, Café Bar Montse, Café Bar Plaza, Capitol Café, Carballeira, Cervecería Cheers, + que tapas, Mesón O Cantón, Montecarlo, O Agocho, O Casino, Tropick Café e A Viñoteca.

DE VENRES A DOMINGO, DO 6 AO 22 DE NOVEMBRO

Estes quince locales ofrecerán as súas creacións de venres a domingo, a partir do día 6 e ata o 22 de novembro. Os establecementos servirán as tapas do concurso a partir das sete da tarde e como mínimo ata as nove, aínda que cada local poderá ampliar este horario según as súas necesidades.

XURADO PROFESIONAL

Según explicaron dende o CCA Ribeira Sacra, este ano será un xurado profesional o encargado de valorar as propostas de tapa dos quince participantes.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao retoma as andainas de outono

Seguinte Nova

Unha mostra sobre os 20 anos do rock bravú pon en marcha o Castanhazo Rock en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: