20 deportistas do Neka, clasificados para a final da Copa Galicia de taekwondo

Os monfortinos tamén completaron un bo papel no Open Internacional de Ribeira, con sete medallas individuais e un ouro en trío

Un dos medallistas do Neka no Open Internacional de Ribeira, Carlos Fernández, gañou a prata sendo cinturón marrón nunha categoría de cinturón negro. (Foto cedida).
Un dos medallistas do Neka no Open Internacional de Ribeira, Carlos Fernández, gañou a prata sendo cinturón marrón nunha categoría de cinturón negro. (Foto cedida).

• O 24 de outubro, un total de 20 deportistas do club de taekwondo Neka de Monforte clasificáronse en Lugo para a fase final da Copa Galicia, que se disputará en Vilalba o 7 de novembro.

Previo á Copa Deputación celebrada en Lugo, os de Neka participaron o día 17 no Open Internacional de Ribeira, no que amosaron un excelente estado de forma e rendemento. Un total de sete medallas individuais, máis o ouro acadado en trío por Samuel López, Álex Camba e Carlos Rey, foi o resultado dos de Neka nunha proba que puido rematar con máis metales no seu haber.

En benxamín feminino, Laura Álvarez acadou o seu segundo ouro nun Open internacional, e Carla Pardo gañou un bronce. Nerea Fernández completou a proba no quinto posto, e Karla Novo conseguiu colarse en semifinais. «Carla Pardo e Nerea Fernández realizaron un excelente traballo, e Nerea por fin competiu ao nivel que ten», destacou o adestrador do club Neka, José Mª Vega.

En junior masculino individual, Álex Camba conseguiu prata, continuando coa súa boa progresión, e houbo cadanseu ouro para Samuel López e Carlos Rey. En infantil, o cinturón marrón Carlos Fernández conseguiu unha reñida prata, nunha categoría copada por cinturóns negros. Pola súa banda, José Roca completou a proba no quinto posto, e Raúl Vázquez non puido competir por resentirse dunha lesión.

En prebenxamín, Aitor Teijeiro chegou a semifinais, e Lucía Roca realizou un bo papel. En benxamín, cabe destacar a prata lograda por Marco García, e o traballo de Daniel Areán, que se colou na final, e que está a facer un esforzo «moi meritorio, se temos en conta que vén entrenar dende Taboada», suliña Vega. O adestrador destacou o bo facer de Ana López en alevín, que realizou o seu mellor campionato ata o de agora, e o traballo de Yasmin Rodríguez, que «segue a gañar experiencia».

PROBA PREPARATORIA PARA DISPUTAR O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Logo de competir en Ribeira, os monfortinos volveron cumplir na Copa Deputación. Os bos resultados acadados o día 24 avalan a este clube, nunha proba que sirve como antesala das competicións de alto nivel, como o Campionato de España, que xa están a preparar en Neka. «Estar vinte na final galega é un moi bo resultado», suliña Vega, adestrador do clube monfortino, quen destacou «o alto nivel que teñen en xeral xa agora, cando está a comezar a competición». A Copa Galicia será unha boa pedra de toque para os de Neka, xa que se van ver as caras con deportistas de todos os clubes de Galicia. «Esta proba é moi interesante, porque aos que se estrean permítelles irse iniciando en competición, e para os máis veteráns é un adestramento estupendo para gañar rodaxe cara o Campionato de España, a nosa meta primordial este ano», explica Vega. O adestrador monfortino non renuncia a revalidar o éxito histórico da pasada tempada, cando se proclamaron campións de España infantís por clubes. «Sería fantástico repetir, pero o que espero, e penso que podemos conseguilo, é traer entre oito e dez medallas do nacional», sentencia Vega, que xa traballa duro cos seus deportistas cara á gran proba que se disputará no vindeiro mes de decembro, durante a Ponte da Constitución.

ESTARÁN NA COPA GALICIA DE TAEKWONDO: Samuel López, Carlos Rey, Adrián Cidre, Arturo Rodríguez, Gael Trujillo, Carlos Fernández, José Roca, Nerea Fernández, Marco García, Sydney Rodríguez, Alejandro Fernández, Karla Novo, Daniel Areán, Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Nicolás Sotelo, Elena Varela, Ana López, Daniel Pérez e Laura Álvarez

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta atende a petición do Concello e destina 20.000 euros ao arranxo “urxente” da Estación de Autobuses

Seguinte Nova

O Alfa Auriga C.B.Sarria sumou unha segunda victoria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: