98 xogadores disputaron en Augas Santas o II Gran Torneo Vodafone

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Un total de 98 xogadores déronse cita en Pantón o pasado 17 de outubro para disputar o II Gran Torneo Vodafone. As instalacións de OCA Augas Santas Golf acolleron esta proba, que se desenvolveu baixo a modalidade individual stableford handicap con dúas categorías de xogo. A organización premiou aos tres primeiros clasificados en cada categoría, ademais de repartir diversos trofeos.

VICTORIA LOCAL NA PRIMEIRA CATEGORÍA

Dentro da primeira categoría ata handicap 17,4, o gañador foi o xogador local Manuel Tesouro, con 39 puntos stableford. O segundo posto correspondeu a José E. Blanco, que completou a proba con 38 puntos, e o terceiro lugar foi para Arcadio Fernández, con 35 puntos finais.

GAÑADORES EN SEGUNDA CATEGORÍA

Os premios da segunda categoría do II Gran Trofeo Vodafone corresponderon a Maxi Castro, que completou a proba con 39 puntos, seguido de Diego Pagés, que acumulou 36 puntos, e por último situouse Isabel Piñeiro, con 34 puntos.

Pola súa banda, o vencedor na categoría scratch foi o xogador de A Rúa Jorge Sixto, que rematou cun magnífico resultado de 75 golpes brutos.

TRES TROFEOS PARA AS MELLORES SAÍDAS

O II Gran Trofeo Vodafone disputado en Augas Santas concedeu trofeos noutras modalidades. Así, Rosario Vázquez acadou o premio á saída máis longa en categoría feminina no burato 7. Pola súa banda, Miguel A. Martínez gañou o trofeo á saída máis longa en categoría masculina no burato 11. Por último, o trofeo ao golpe de saída máis cercano á bandeira no burato 10 foi para Carlos Lage.

Ao remate da competición, tivo lugar a entrega dos galardóns aos premiados, da man do representante de Vodafone, Javier Blanco, e do director de Augas Santas, Santiago Villanueva. O acto contou tamén cun sorteo de agasallos entre os participantes, e rematou cun cóctel por cortesía do patrocinador.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

127 persoas participan nas Escolas Deportivas de Monforte

Seguinte Nova

Presentan o novo Goberno provincial bipartito, repartido en oito áreas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss