A celebración do Samaín inicia en Pantón as actividades de outono

A festa do Samaín será o sábado 31 no Edificio Sociocultural de Ferreira, e hai que ir disfrazados O Magosto celebrarase o sábado 14 de novembro no Pavillón

Imaxe de arquivo da decoración específica para o Samaín na segunda planta do Edificio Sociocultural de Ferreira.  Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da decoración específica para o Samaín na segunda planta do Edificio Sociocultural de Ferreira.
Arquivo EC.

• A festa do Samaín do vindeiro sábado 31 de outubro servirá para abrir a programación de lecer en Pantón. A celebración máis terrorífica do ano destinada aos nenos e nenas do concello terá lugar na segunda planta do Edificio Sociocultural de Ferreira de seis a oito da tarde, e o protocolo esixe acudir convenientemente disfrazados para a ocasión.

MAGOSTO POPULAR

A segunda data festiva será xa o sábado 14 de novembro, coa celebración do Magosto popular no Pavillón Polideportivo Monte Baliño, a partir das sete da tarde.

DÚAS SESIÓN DE TEATRO EN NOVEMBRO

En novembro haberá tempo tamén para o teatro en Pantón. O domingo día 15, o Grupo de Teatro de Prodeme levará a cabo unha representación teatral a partir das seis da tarde. A segunda sesión teatral será o domingo 22 de novembro, coa posta en escea da obra «O Caldeiro Máxico», a cargo do grupo O Centiño, a partir das seis da tarde. Esta última sesión está integrada no programa Buxiganga, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Pantón.

PROGRAMACIÓN SEMANAL PARA CATIVOS E ADULTOS

Ademais, en novembro Pantón recupera a actividade lúdico-formativa das tardes. A primeira proposta ten lugar os «Luns Activos», que ofrece diversas actividades para os máis pequenos de catro a seis da tarde, e continúa con programación para adultos de seis e media a oito.

O benestar físico tamén ten o seu espazo na programación en Ferreira. En novembro haberá sesións de aerobic os luns e mércores de 19,45 a 20,45 horas. A ximnasia será os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ruta do románico de Pantón, a máis solicitada

Seguinte Nova

Os máis cativos disfrutan do outono de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: