A Ribeira Sacra tamén é atractiva no outono

A derradeira fin de semana do programa do Consorcio «A caída da folla» acadou un 80% de ocupación As actividades centráronse en Belesar e Ferreira

A ruta de fotografía e sendeirismo en Belesar, o domingo 18, na derradeira sesión do programa "A caída da Folla"organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. (Foto cedida: CTRS).
A ruta de fotografía e sendeirismo en Belesar, o domingo 18, na derradeira sesión do programa «A caída da Folla»organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. (Foto cedida: CTRS).

• A mediados deste mes completouse a programación «A caída da folla», unha iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para dinamizar o turismo na zona durante o outono. Na derradeira fin de semana do programa, a ocupación foi do 80%, aínda que dende o Consorcio consideran que só o mal tempo, que obrigou a suspender unha actividade en A Peroxa, impediu chegar ao 100%. O sábado 17, un total de 41 persoas participaron no taller de fotografía «Paisaxes de Outono II», desenvolvida en Ferreira de Pantón. O domingo 18, a xornada de fotografía polo Miño arrincou de Belesar con 38 participantes acompañados dun guía, co que percorreron 14 quilómetros de ribeira entre viñedos durante 6 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O verán monfortino, cada vez máis atractivo para os estranxeiros

Seguinte Nova

O Samaín chegou a Chantada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

   
A %d blogueros les gusta esto: