A ruta do románico de Pantón, a máis solicitada

Un total de 280 persoas participaron neste itinerario, dentro do programa organizado polo Consorcio de Turismo

O románico segue a ser un potente atractivo turístico de Pantón. Arquivo EC.
O románico segue a ser un potente atractivo turístico de Pantón. Arquivo EC.

• 280 persoas participaron na Ruta do Románico de Pantón, dentro do programa de itinerarios artísticos organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A de Pantón foi a máis demandada das catro Rutas do Románico que o Consorcio desenvolveu entre xuño e mediados de outubro, e que levou 240 visitantes polo roteiro de O Saviñao, 175 polo de Sober, e 139 polo de Chantada.

Dende o Consorcio, destacaron que estas Rutas do Románico están a medrar en afluencia de público un ano máis, cun 38% máis de visitantes que en 2014.

Resulta significativo o feito de que boa parte das visitas realizáronse en días laborais, o que, según os responsables do Consorcio, está relacionado co perfil do viaxeiro, con nivel cultural e económico medio-alto, que escapa dos días de máis aglomeración e pode dispoñer de días libres durante a semana para satisfacer as súas inquedanzas lúdicas e culturais.

Tamén destacou o aumento de visitantes locais, e de turistas procedentes de Castela-A Mancha e Aragón.

MÁIS DE 1.300 PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE PANTÓN NO VERÁN

Asimesmo, a Oficina de Turismo do Concello de Pantó deu a coñecer os datos de visitantes. Un total de 1.312 persoas pasaron por este punto de información, situado no Edificio Sociocultural de Ferreira, entre xuño e setembro. Por meses, a maior afluencia rexistrouse en agosto, con 436 persoas, seguido por setembro, con 380. En xullo, as visitas sumaron 363 persoas, e en xuño a oficina atendeu a 133 turistas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Executivos aprenden inglés de negocios nos Peares dende outubro

Seguinte Nova

A celebración do Samaín inicia en Pantón as actividades de outono

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio