Aprendendo os segredos dos tapices en Bóveda

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Dende comezos deste mes e ata o 18 de decembro, o Centro Sociocultural de Bóveda acolle o II Obradoiro de Elaboración de Tapices en Alto Lizo, organizado polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Bóveda.

DEZ PARTICIPANTES

Un total de dez persoas están a participar deste curso, impartido por Carmen Pano de la Fuente, e no que se achegan aos segredos da elaboración dos tapices.

ESTRUTURA DO TEAR, TIPOS DE FIBRAS E ACCESORIOS

Para empezar, o curso amosa os tipos de teares e como se elabora un tecido, e a configuración das pezas de tea. A continuación, os participantes aprenden a montar a urdime do tear de alto lizo, para poder traballar con el. Asimesmo, o curso inclúe nocións sobre tipos de fibras para tecer, as características da trama, o embobinado e os accesorios precisos para comezar a tecer.

Con estes coñecementos, o alumnado xa pode iniciarse na elaboración de pezas con diversos puntos, cores e formas, tendo en conta tamén as posibilidades de tecer con materiais procedentes da reciclaxe.

As sesións impártense os sábados pola tarde, de catro a oito.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Samaín chegou a Chantada

Seguinte Nova

Bóveda reivindica a Biblioteca como punto de encontro social e cultural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: